Ourense Cidade
17/02/2023 07:50
O BNG insta á Xunta de Galiza a manter o Servizo Territorial de Augas de Galiza na cidade de Ourense
Desde a formación nacionalista denuncian as intencións do Executivo galego de pechar a oficina que Augas de Galiza ten en Ourense o que sen dúbida “imposibilitará á atención directa e presencial á cidadanía e o mellor cumprimento das funcións que ten conferidas a Entidade”.