O pte. da Xunta en Onda Cero
21/02/2023 15:49
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirma que polo de agora non recibiu reposta a ninguna das misivas remitidas ao Ministerio de Transportes por distintos temas pendentes. Tampouco tén confirmación oficial de que o recén nomeado Comisionado para o Corredor Atlántico vaia a estar en Galicia no mes de marzo. «En mes e medio non recibimos resposta», reitera.
En entrevista, en Galicia en la Onda de Onda Cero, Rueda insiste en que o Goberno galego só está á espera do dictame do Consello Consultivo para decidir se presentan o recurso contra o chamado 'imposto aos ricos'. E descarta por completo ir a unha reforma do Estatuto de Autonomía, tal e como volveu a solicitar o Goberno central, para a transferencia das competencias de ordenación territorial.
En canto á interposición do recurso contra 'o imposto aos ricos' mantén Alfonso Rueda en Onda Cero que só se fará co aval do Consello Consultivo xa que non se trata «de dar pasos por unha noticia ou un posicionamento político».
O presidente galego ve ao Executivo de Pedro Sánchez con «nerviosismo» diante da visita da delegación de Eurodeputados.
E sobre as próximas eleccións municipais, Rueda está convencido de que van mellorar resultados pero que deixa o de «fardar moito» para outros partidos.