almorzo informativo

PROGRAMA COMPLETO

24/09/2024 14:13

Más de Uno Pontevedra 24/09/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes, visitamos o Concello de Marín e buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas. Conversamos co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no almorzo informativo semanal desde o Café Bar Carabela. Ademais, completamos o programa entre micros e libros cos autores de Carmen Mola como convidados na Librería Cronopios.

PROGRAMA COMPLETO

31/07/2024 14:56

Más de Uno Pontevedra 31/07/2024

Abrimos o programa coa actualidade deste mércores e lembrando ao concelleiro popular Gerardo Pérez Puga que faleceu nas últimas horas. Escoitamos o que a rúa responde e buscamos a previsión do tempo de praia en praia con Noa Pichel a Natalia Cons. Conversamos co alcalde de Cambados, Samuel Lago, desde o Carabela e, ademais, visítanos Ana Santos desde “De vella a bella” e completamos o programa co espazo mensual “Juntos con Vepersa”.

PROGRAMA COMPLETO

23/07/2024 14:20

Más de uno Pontevedra 23/07/2024

Abrimos o programa coa actualidade deste martes, escoitando o que a rúa responde e buscando a previsión do tempo de praia en praia con Noa Pichel a Natalía García. Conversamos co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, desde o Carabela e, ademais, completamos o programa convertendo a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro.

PROGRAMA COMPLETO

14/11/2023 14:20

Más de Uno Pontevedra 14/11/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada antes de trasladarnos ao Hotel Rías Bajas de Pontevedra para o noso almorzo informativo semanal: o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, Jº Manuel Cores Tourís. Ademais, completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións literarias de Mercedes Corbillón.