almorzo informativo

PROGRAMA COMPLETO

29/08/2023 14:31

Más de Uno Pontevedra 29/08/2023

Revisamos as novas do día. Saimos a rúa para preguntar pola situación actual da vivenda. No noso habitual almorzo informativo, de todos os martes no Hotel Rías Bajas, conversamos con Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas. Consultamos o tempo a Meteogalicia, coa vista posta no fin de semana e a celebración da Feira Franca. E, a recta final do programa, aproveitamos para descubrir libros, novos e non tan novos, con Adriana Otero.

PROGRAMA COMPLETO

22/08/2023 14:13

Más de Uno Pontevedra 22/08/2023

Repaso a actualidade local do martes en Pontevedra e comarca. Nunha xornada de altas temperatura facemos unha ruta polas praias, saimos a rúa para preguntar as preferencias de lectura ou coñecemos a previsión do tempo para as próximas horas. Tamen, no noso almorzo informativo, no Hotel Rías Bajas, conversamos con Andrés Diaz, alcalde de Pontecaldelas. Por outra banda, saudamos o doutor Baloira, xefe de neumoloxía do hospital de Montecelo en Pontevedra, ante o repunte de casos de Covid 19. E, nos últimos minutos, prestamos moita atención a voces expertas no medio mariño ante o importante número de avistamentos de orcas, unha especie que esta a despertar moita atracción nas Rías Baixas.

PROGRAMA COMPLETO

08/08/2023 14:28

Más de Uno Pontevedra 08/08/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que a rúa responde e visitando a praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe o noso convidado é o novo vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez. Completamos o programa co espazo Cronopios e a ritmo de jazz cunha reportaxe de Noa Pichel e Sofía Caamaño.

Almorzo Hotel Rías Bajas

13/06/2023 14:27

Ramallo: "Marín debe ter peso na nova Deputación de Pontevedra"

Como cada martes, ubicamos o noso estudio de radio no Hotel Rías Bajas de Pontevedra para un novo almorzo informativo. Convidamos á alcaldesa en funcións de Marín, María Ramallo. Falamos dos retos para este novo mandato que afrontará de novo con maioría absoluta.

PROGRAMA COMPLETO

13/06/2023 14:05

Más de Uno Pontevedra 13/06/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co director do Museo de Pontevedra, Jº Manuel Rey. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe a nosa convidada é a alcaldesa en funcións de Marín, María Ramallo. Completamos o programa co espazo Cronopios e as novas recomendacións de Mercedes Corbillón.

ALMORZO HOTEL RÍAS BAJAS

06/06/2023 14:53

ALMORZO HOTEL RÍAS BAJAS

06/06/2023 14:53

Cubela: “Luis López reuniría todo o que pido para o perfil do novo presidente da Deputación”

Como cada martes, ubicamos o noso estudio de radio no Hotel Rías Bajas de Pontevedra para un novo almorzo informativo. Convidamos ao alcalde en funcións de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. Falamos dos retos para este novo mandato que afrontará con maioría absoluta e do que agarda da futura Deputación de Pontevedra gobernada polo seu partido, o Partido Popular.

PROGRAMA COMPLETO

18/04/2023 14:19

Más de Uno Pontevedra 18/04/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe as nosas convidadas son tres mulleres empresarias da provincia. Ademais, completamos o programa co espazo Cronopios en compañía de Mercedes Corbillón.