Ourense Cidade
09/04/2024 08:05
O BNG censura a actitude do MITMA e do ADIF ao non reunirse co Concello de Ourense
O BNG de Ourense anuncia que, “instaremos ao Estado para que dea unha resposta e se sente a falar co Concello de Ourense pois independentemente de quen o goberne, e desde logo o BNG non é sospeitoso de ser cómplice de Jacome, o que está en xogo é o futuro de Ourense e iso está por riba de calquera outra consideración”.