Pide documentación que demostre que foi legal
23/09/2021 20:34
Así o contamos na Brújula de Galicia de Onda Cero. A Comisión Europea abre expediente a España e dalle un prazo de dous meses para que presente a documentación relativa á prórroga da concesión da AP9 ata 2048, a que actualmente está en vigor e que foi autorizada polo Goberno de José María Aznar. A Comisión Europea dubida de que fose legal. Atende así unha denuncia presentada pola plataforma En Colectivo, quen denunciou diante das instancias comunitarias as tres prórrogas polas que pasou a concesión e que, segundo a súa denuncia, foron feitas sen concurso aberto, impedindo que máis empresas puidesen participar. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, facía unha primeira valoración de urxencia, malia que recoñecía que a noticia acababa de ser coñecida.
Nun comunicado de prensa, o PPdG explica que entende que as prórrogas da concesión foron adoptadas polos distintos Gobernos por considerar que eran as mellores alternativas para afrontar as necesidades da infraestructura; pero recoñece que a día de hoxe son cuestionables. Os populares engaden que son as autoridades competentes as que deben dilucidar se esas decisións vulneran a normativa comunitaria. E envían mensaxe ao PSOE para que non bloquee a transferencia da autoestrada a Galicia e así a infraestructura se xestione desde a comunidade. Desde o PSdG-PSOE poñen o foco en que a prórroga vixente, e a que está no centro do expediente, é a dictaminada polo Goberno de Aznar. E a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclama que, en base a esta apertura de expediente comunitario, o Goberno central debería rescindir a concesión.