artistas

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

30/05/2022 15:00

Cántamo en galego 30/05/2022

Hoxe escoitamos a Berto con "Absolución", facemos soar un poema musicado de Florencio Delgado Gurriarán adaptado e interpretado por Lara Villaverde e Fran Gómez que se titula "Un guerrilleiro". A música para o público cativo estará moi ledo con "Cantamos?" canción que se atopa no disco "Un día con papá". Finalizamos con datas de concertos e co ritmo de Guadi Galego e Lisandro Aristimuño en "Balada de verán".

ONDA CERO PONTEVEDRA

23/05/2022 14:35

Cántamo en galego 23/05/2022

Cada luns poñemos ritmo con artistas, bandas e músicos galegos que cantan en galego. Hoxe hai novidades e escoitamos a Uxia Lambona e a Banda Molona co tema "Máis galego", Uxía con "Érguete, miña amiga" e finalizamos con Grande Amore e "Esta pena que a veces teño". Ademáis, xa temos datas de concertos no Portamérica deste 2022

Onda Cero Pontevedra

09/05/2022 15:33

Cántamo en galego 09/05/2022

Todos os luns poñemos bo ritmo con artistas galegos en galego!!! Escoita as novidades dos grupos e bandas. Hoxe escoitamos a Moura, a Rebeliom do Inframundo e a MJ Pérez.

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

25/04/2022 14:38

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

25/04/2022 14:38

Cántamo en galego 25/04/2022

Neste último luns de abril escoitamos moitas novidades musicais!! (RE) SER (VADO) é o primeiro sinxelo extraído do EP de Carolina Rubirosa "Alén do mar". Trátase dun poema da autora galega Yolanda Castaño, convertido en canción con músicas orixinais escritas e interpretadas por Carolina Rubirosa.

Entrevista en Más de Uno

21/04/2022 14:20

El cante de José Anillo, esta noche en el Centro Flamenco 'La Merced' de Cádiz

El cantaor gaditano José Anillo lanza hoy en Cádiz el espectáculo 'Te lo cuento y te lo canto' a partir de las 21h00, Nace de la expresión de este artista con una amplia y curtida experiencia artística dentro del mundo del flamenco y la necesidad de contar esa trayectoria que ambos llevan a sus espaldas con mas de 30 años de experiencia encima de un escenario.

ONDA CERO PONTEVEDRA

28/03/2022 14:57

Cántamo en galego 28/03/2022

Neste primeiro luns de primavera escoitamos a ITH con Mercedes Peón en "Medo a perder", a Secho co tema "Recuperar", a banda Moura con "Baile de dentón" e finalizamos con Sheila Patricia e "A Moura".