bng ourense

Concello de ourense

20/09/2021 11:46

BNG "Residencia sí, pero con garantías que a día de hoxe non existen"

"Non imos asumir, sendo 2 concelleiros de 27, tal responsabilidade. O que pretende o PP é xustificar os seus reiterados incumprimentos con Ourense botándolle a culpa aos demais". Que foi da promesa de Feijóo de 2017 de construir unha residencia pública en Ourense?"

"Nós demos o voto favorable a unha moción o 4 de decembro de 2020, vinculada ao cumprimento de 2 premisas, ningunha das dúas cuestións está resolta, por máis que se empeñen en dicir o contrario".

Factura da luz

16/09/2021 13:42

O BNG demanda medidas reais que rebaixen o recibo da luz

"Nin Xunta nin Estado están actuando con contundencia, por iso seguiremos con esta campaña e facemos un chamamento a segundar as mobilizacións convocadas pola CIG o próximo domingo"

O BNG volve sair á rúa para esixir medidas reais e efectivas que permitan abaratar o recibo da luz e calmen esta situación "insoportable" tanto para as familias como para a mediana e pequena empresa.

Hidroeléctricas

16/09/2021 10:05

O BNG demanda unha empresa pública galega de enerxía

Bernardo Varela afirma que a necesidade de xestionar desde o público galego a enerxía que se xera en Galiza é unha prioridade estratéxica desde o ámbito enerxético, económico e tamén ecolóxico.

Con Paco Sarria

14/09/2021 08:38

Más de Uno Ourense 08:20 14/09/2021

Te resumimos las noticias el día con Paco Sarria, junto a la información del tiempo, el tráfico y los titulares de prensa del día.

Concello de Ourense

13/09/2021 12:47

O BNG leva ao Parlamento galego o colapso do CHUO

O BNG pide á Xunta que reabra camas, reforce atención primaria e contrate máis persoal para garantir un correcto funcionamento das urxencias.

Noa Presas recorda que “ xa pediu reiteradamente á Xunta que non empregase a coartada da ampliación da UCI, moi necesaria, para reducir camas pois non podía facerse unha cousa a costa da outra. Nese sentido, seguen vixentes as reclamacións do persoal e da formación nacionalista de que se rectifique o peche de ata 22 camas de hospitalización que se empregaban na 4ª planta dereita do materno, reforzando áreas tan necesitadas como medicina interna e cardioloxía.”

Con Paco Sarria

08/09/2021 14:03

Con Paco Sarria

08/09/2021 14:03

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 08/09/2021

A información de Ourense e a súa provincia con Paco Sarria, con entrevista a Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense, para falar de actualidade municipal.

Con Jesús Alvarez

12/07/2021 14:02

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 12/07/2021

A información de Ourense e a súa provincia, con Jesús Alvarez, con entrevista a Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense, para falar de temas de actualidade no Concello da cidade.