Ourense Cidade
09/01/2024 11:41
O BNG asegura que “o Concello de Ourense está nunha situación económica moi crítica"
Desde o Grupo municipal do BNG entenden que as alegacións presentadas polo Interventor municipal ao expediente de cese/remoción aberto contra el pola Alcaldía, “ratifican o que desde o BNG vimos denunciando desde hai meses, opacidade na xestión, nulo respecto aos procedementos e dilapidación dos cartos públicos”.