HOMENXE
17/01/2022 14:42
Galicia lembra a Cela no 20 aniversario do seu falecemento
Cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa María de Adina, en Padrón, a Xunta abriu, no cabodano de Camilo José Cela, a programación conmemorativa polo 20 aniversario do falecemento do Premio Nobel. A de hoxe é a primeira das numerosas accións divulgativas arredor do legado do escritor que terán lugar ao longo de 2022. Haberá catro exposiciósn, unha delas itinerantes, encontros fóra de Galicia, visitas para escolares e outros eventos coa casa-museo de Iria Flavia como referencia.