cantamo en galego

ONDA CERO PONTEVEDRA

24/01/2022 14:22

Cántamo en galego 24/01/2022

Todolos luns facemos soar música de artistas que cantan en galego. Hoxe entrevista con Sheila Patricia para presentarnos "Eidos" feat Gabi Reborado. Ademáis, escoitamos a "Terra" das Tanxugueiras que esta semana teñen a súa semifinal no Benidorm Fest e finalizamos con Santi Araujo con Leonor Watling cantando "Miña Rula".

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

27/12/2021 14:24

Cántamo en galego 27/12/2021

Todos os luns poñemos bo ritmo con artistas galegos que cantan en galego. Hoxe facemos soar a "Terra" o último de TANXUGUEIRAS, con DAKIDARRIA escoitamos "Arrasadeira" e ca banda de SUPEROITO escoitamos os seus temas de "Animal " e "Ídolo mundial". Finalizamos coa música de Os amigos dos Músicos como un humilde homenaxe o seu batería que finou repentinamente. Dende aquí o noso máis sentido pésame a súa familia.

Más de Uno Pontevedra

13/12/2021 15:00

Cántamo en galego 13/12/2021

Escoita a sección máis musical para poñer ritmo o inicio da semana. Hoxe escoitamos o novo de Carlos Nuñez.

Más de Uno Pontevedra

22/11/2021 15:58

Cántamo en galego 22/11/2021

Escoita a sección musical da semana con Ailá,Tanxugueiras e o novo de Dakidarría.

Más de Uno Pontevedra

15/11/2021 15:10

Cántamo en galego 15/11/2021

Os luns poñemos ritmo con artistas de Galicia que cantan en galego. Hoxe escoitamos a Gustavo Almeida e a súa colaboración con Teo Cardalda que se titula "Entre o ceo e o esquecemento" e facemos soar o tema "Casa! " de Aldaolado.

Más de Uno Pontevedra

08/11/2021 15:00

Cántamo en galego 08/11/2021

Poñemos ritmo neste inicio de semana con algúns dos artista que van a participan nun novo ciclo de concertos en Pontevedra denomidado "Que non pare a música!". Será no recinto ferial os días 12, 13 y 14 de novembro. Hoxe facemos soar a Dakidarria, Boyanka Kostova, SondaRua e Baiuca.

Más de Uno Pontevedra

25/10/2021 15:06

Más de Uno Pontevedra

25/10/2021 15:06

Cántamo en galego 25/10/2021

Escoita as novidades musicais desta semana onde gozamos de moita variedade de estilos. Comezamos con Enxeito e o tema "Os doús", continuamos con Secho e "As sensacións", seguido de Peña co seu tema "Bandeira" e finalizamos con Encaixe e a súa versión de "Os calcetíns de Drácula".

CON SUSANA PEDREIRA

25/10/2021 14:14

Más de Uno Pontevedra 25/10/2021

Comezamos o programa coa actualidade deste luns e coñecendo a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista con Quique Mauricio de "Polo Correo do Vento", organizadores da Semana Lorquiana que mañá comeza no Museo de Pontevedra. Ademais, como cada luns, concedemos protagonismo ao deporte con Rubén Rey e ao motor con Abel Millán. Completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Más de Uno Pontevedra

18/10/2021 14:51

Cántamo en galego 18/10/2021

Escoita as novidades musicais desta semana onde gozamos de moita variedade de estilos. Comezamos con Caamaño e Ameixeiras e o tema "Maneo de Cambre", seguimos con Joel Padín e "Pequerrechiño", Ilmarto con "Ghalopín" e finalizamos con Tomás Porteiro,Zas e Gilino con seu tema "A Milonga do Tempo".