cantamo en galego

ONDA CERO PONTEVEDRA

03/11/2022 12:10

Cántamo en galego 31/10/2022

Escoita a sección musical de "Más de Uno Pontevedra". Centrámonos na festa do Samaín e por iso fixemos unha escolma de diferentes estilos musicais de bandas e artistas galegos que cantan sobre esta festa tan particular, ademais facemos soar "Cantan as balas", un adianto do último de SES, xa que o 25 de este mes presenta novo disco “Diante un Eco”

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

24/10/2022 14:47

Cántamo en galego 24/10/2022

Como cada luns, compartimos música e talento neste espacio musical e escoitamos a Antía Muíño con "Canta, miña compañeira", a banda de Néboa e so seu tema " A vida que me chega", continuamos con Berto e "Bágoas de cocodrilo" e finalizamos con Grande Amore.

PROGRAMA COMPLETO

24/10/2022 14:22

Más de Uno Pontevedra 24/10/2022

Iniciamos a semana repasando as incidencias do primeiro temporal do outono e pendentes do pleno da corporación municipal de Pontevedra. Na sesión deste luns aprobouse o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), cos votos a favor dos grupos políticos do goberno: BNG-PSdeG. Tamén, en tempo de actualidade, analizamos as últimas novas do concello de Pontecaldelas; conversamos co seu alcalde Andrés Diaz. Dedicamos tempo a iniciativas da CEP no fomento da Igualdade e coñecemos os novos prazos de matriculación para inscribirse na oferta académica da UNED, institución que estará presenta nunha nova edición de Edugal. Falamos co seu director.

Visitamos Vilagarcia para coñecer máis do espectacular programa do Festival de Curtas. E, como cada luns, compartimos música e talento no espacio 'Cántamo en Galego'.

MÁIS DE UNO PONTEVEDRA

17/10/2022 15:24

Cántamo en galego 17/10/2022

Os luns poñemos ritmo a semana cos artistas da nosa terra. O que escoitamos son todas novidades que nos presentan as direfentes bandas. Comezamos con Familia Caamagno e "Máquina virtual", seguimos con Fillas de Cassandra e "Lisístrata (varre vasoira)", continuamos con Brais Mora e Nasaufunk e finalizamos con LaMontagne e PicoAmperio co tema "Porque no mundo"

PROGRAMA COMPLETO

17/10/2022 14:17

Más de Uno Pontevedra 17/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada marcada por un novo accidente mortal nas estradas pontevedresas. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas para celebrar que por fin a choivas chegou ás Rías Baixas para quedarse. Abrimos tempo de entrevista co doutor Pedro Corsino, director do congreso de oftalmoloxía ‘Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico’ que se celebrará os días 28 e 29 de outubro en Pontevedra. Ademais, como cada luns, escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Máis de Un Pontevedra

10/10/2022 14:58

Cantamos en galego con cancións de "Onte e hoxe"

Na nosa sección musical de hoxe, o protagonismo é para a banda "Onte e hoxe" e as súas cancións. Visítannos Roberto F. Lores e Anxo Xesteira con disco baixo o brazo

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

03/10/2022 15:35

Cántamo en galego 03/10/2022

Neste inicio de semana temos moitas novidades no eido musical. Escoitamos a Purple Rei con versións de Prince, coñecemos a Mekanika Rolling Band ca súa "Romaría de defuntos", escoitamos a Nastasia Zürcher en galego "Onda Mirar" e rematamos con Catuxa Salom. Ademáis, repasamos máis categorías dos Premios Martín Códax da Música, xa que o 5 de outubro entregarán os galardons na cidade de Pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

03/10/2022 14:33

PROGRAMA COMPLETO

03/10/2022 14:33

Más de Uno Pontevedra 03/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Bueu, Félix Juncal. Como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Más de Uno Pontevedra

26/09/2022 15:24

Cántamo en galego 26/09/2022

Todolos luns poñemos ritmo con música de bandas e artistas galegos cantando en galego. Nesta xornadas facemos soar a Guadi Galego e o seu novo tema "Alegoria", LaMontage e PicoAmperio con "Banharemos nas Ondas" e Grande Amore con "Esta pena que a veces teño". Ademais, escoitamos a Fuxan os Ventos porque serán homenaxeados nos Premios Martin Codax pola súa traxectoria.

PROGRAMA COMPLETO

26/09/2022 14:32

Más de Uno Pontevedra 26/09/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada marcada polo pleno da corporación municipal de Pontevedra e a visita do ministro de Consumo, Alberto Garzón. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos. Como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".