MáIs de Un Pontevedra
17/04/2023 14:10
Carme Fouces:"Imos aprender moito no Salón co exemplo de Colombia porque é un referente mundial do que os libros poden facer para pacificar unha sociedade"
Unha nova edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil abrirá as súas portas esta semana e hoxe convidamos á concelleira de Cultura, Carme Fouces, para coñecer a programación con máis de 300 actividades entre o 21 de abril ao 7 de maio para achegar o libro e o xogo a cativada.