Concello de ourense
03/12/2021 12:16
A concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, a ministra Raquel Sánchez e a conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración.
O programa de axudas dará a poio a actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas, incluídas as unifamiliares, de urbanización ou reurbanización de espazos públicos ou, no seu caso, de edificación de edificios ou vivendas en substitución de edificios ou vivendas xa demolidos. Entre as obras subvencionables están as de instalación de ascensores, a reparación de cubertas e fachadas, a mellora da accesibilidade ou a instalación de calefacción, entre outras.