Automóvil
09/12/2021 12:55
A Xunta abre o prazo de solicitudes para que concesionarios e puntos de venda poidan sumarse ao renove automoción
O Goberno autonómico apoiará con este programa a adquisición de máis de 1000 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
Os galegos e galegas poderán solicitar as axudas, que poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.