Más de uno ourense
15/05/2024 13:41
O PP denuncia a falla de sensibilidade do Alcalde coas usuarias do CIMM
O grupo municipal do PP denuncia a falla de sensibilidade do Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, coas usuaruas do Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) ó trasladar este servizo a outro edificio. Consideran que "a atención que precisan estas mulleres non se pode tratar como se foran outros servozos administrativos".
Este foi un dos asuntos tratados en Más de Uno Ourense coa edil popular Inmaculada Moreiras, quen tamén nos trasladou o punto de vista do seu grupo municipal sobre a intención do grupo de goberno de suprimi-la Ordenada Reguladora de Aparcamentos (ORA), a intención de entrada dun novo accionista no COB ou a falla de orzamentos municipais para este ano confirmada en pleno polo rexidor municipal.