concello de poio

PROGRAMA COMPLETO

16/11/2022 14:26

Más de Uno Pontevedra 16/11/2022 Especial 50 anos da declaración de Combarro como núcleo histórico en Poio

Programa especial desde Combarro. Celebramos os 50 anos da Declaración como Conxunto Histórico conversando con alcalde de Poio, Luciano Sobral, a concelleira de Patrimonio, Marga Caldas e a responsable de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez. Ademais, visítanos o alumnado do CEIP Chancelas e coñecemos o traballo das asociacións Armadiña e A Solaina

Máis de Un Pontevedra

30/09/2022 14:47

Silvia Díaz: "As visitas á Casa Museo de Colón aumentaron un 30% este verán"

Máis de 800 persoas visitaron entre os meses de xuño e setembro a Casa Museo de Colón en Poio. Xa fose a través de grupos organizados, participantes en actividades organizadas nas dependencias ou visitas individuais, as instalacións de Portosanto acadaron unhas cifras de récord, tal e como nos explicou hoxe no programa a tenente de alcalde e concelleira de Turismo, Silvia Díaz

Máis de Un Pontevedra

25/05/2022 14:43

Ángel Moldes: "Este domingo vai ser a edición récord da Romaría do PP de Poio"

O PP de Poio celebrará este domingo, 29 de maio, a súa XV Romaría no Monte Castrove. Conversamos co voceiro municipal, Ángel Moldes, que agarda bater record de participación nunha das edicións máis especiais da tradicional xuntanza popular despois de dous anos sen poder celebrala, por mor da pandemia.

CON SUSANA PEDREIRA

25/05/2022 14:07

Más de Uno Pontevedra 25/05/2022

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis Lopez. Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista co portavoz do PP en Poio, Ángel Moldes. Ademais, visítannos os amigos do colectivo "De vella a bella".

Máis de Un Pontevedra

04/05/2022 14:24

Poio programa un verán cheo de festas desde o San Xoán en xuño ata A Merced en setembro

A Concellería de Festexos de Poio, dirixida polo nacionalista Xosé Luís Martínez, xa ten practicamente pechada a programación do Verán en Poio, que comezará o día 22 de xuño, co inicio das Festas de San Xoán, e se prolongará ata finais de setembro coas Festas da Merced. Conversamos con el no programa para coñecer todos os detalles

Más de Uno Pontevedra

11/10/2021 14:56

Poio estrea este venres 15 o novo programa "Anota Cultura!": humor teatro e cinema

A concelleira de Cultura de Poio, Raquel Rodríguez (BNG), estivo hoxe con nós para presentarnos o programa Anota Cultura!, unha iniciativa que ofrecerá á veciñanza monólogos, proxeccións, espectáculos humorísticos ou representacións teatrais, entre outras actividades. A primeira actividade deste novo programa terá lugar o venres 15 de outubro e consistirá na representación de ‘Velliñas’, a cargo de Butaca Zero e Inherente Teatro.