Onda Cero Pontevedra
28/12/2017 14:56
Pontevedra en la Onda (28-12-2017)
A actualidade do día está marcada polas negociacións do ERE presentado por Elnosa, falamos na primeira parte do programa co presidente do Comuté de Empresa, Avelino García. No tempo da entrevista conversamos co deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, sobre o futuro do Museo de Pontevedra que cumpre 90 anos este 30 de decembro. Como cada xoves, falamos de saúde: buscamos benestar, deporte e terapias na auga coñecendo un novo Wellness Club en Vilagarcía. Rematamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar deste xoves de Nadal