Plan Revitaliza - Deputación de Pontevedra
26/09/2019 14:49
Javier Olleros: "O compostaxe e unha cuestión de conciencia individual sobre a necesidade de comprometerse co respeto medio ambiental"
A implicación de diferentes sectores no Plan Revitaliza, o plan de compostaxe da Deputación, chega ata o universo da restauración e gastronomía. O vicepresidente César Mosquera, acompañado do chef Estrela Michelín Javier Oleiros, presentou o “ Selo Revitaliza” que se entregará aos establecementos de hostalería e grandes produtores que participen con resultados de éxito en Plan de Compostaxe na provincia. Coñecemos a experiencia persoal de este profesional da cociña en Galicia.