Concello de Ourense
04/01/2022 13:50
Os nenos puideron desfrutar da maxia da sétima arte, e desfrutaron do filme “Encanto” da produtora Disney en dous pases especialmente organizados para eles nos cines Pontevella.
Germán Fernández, xerente en Galicia de Ecovidrio, cualifica a campaña como un rotundo éxito, e recorda que para esta campaña, neste formato en concreto, foi Ourense a primeira cidade en ser elixida de España.
A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz, destaca que este tipo de campañas teñen un único fin, visibilizar a problemática social da cidade, cuxos problemas deben ser afrontados entre todos e sumando todos os esforzos posibles.