Entre micros e libros
10/04/2019 14:14
Recibimos na Librería Cronopios ao escritor galego Domingo Villar, unha das visitas máis desexadas porque os seus lectores levaban dez anos agardando por un novo caso para o inspector Leo Caldas. Con el abrimos unha investigación, así que a entrevista está chea de dúbidas e de sospeitas, e pouco podemos contar da trama da novela "O último barco". Aínda así, falamos de moitas cousas co autor porque a trama dunha novela negra non é máis que unha excusa para falar da vida cotiá, da sociedade que se ve alterada por un suceso e das relación humanas entre os personaxes. Domingo Villar construíu unha novela a lume lento, como un bo luthier, facendo unha homenaxe aos que ensinan, aos que fan as cousas a modo e aos que aman ao mar. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira