editorial

Máis de Un Pontevedra

30/11/2023 13:30

Kalandraka celebra en Culturgal o seu 25 aniversario e regálanos a visita de Bernardo Atxaga

Convidamos ao programa deste xoves á editorial Kalandraka para coñecer a súa programación en Culturgal e algunhas das novidades literarias que atoparemos no seu stand número 39. Ademais, saudamos ao escritor Bernardo Atxaga para falar de “Exteriores do paraíso”, publicado en galego por Kalandraka e que será un dos protagonistas no Espazo Letras o sábado ás 19.00 horas.