emisora

Onda Cero Pontevedra

06/04/2020 14:39

Más de Uno Pontevedra (06-04-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns en Pontevedra e conversando con Pablo Novas, concelleiro en Marín, que acaba de superar o coronavirus despois de 24 días de enfermidade e tratamento. Buscamos a previsión do tempo para esta atípica Semana Santa e entrevistamos á coordinadora provincial de Cruz Vermella Pontevedra, Pilar Méndez. Como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

03/04/2020 14:44

Más de Uno Pontevedra (03-04-2020)

A última hora sobre o coronavirus e a súa incidencia en Pontevedra centra a nosa atención ao longo de todo o programa. Ademais, resumimos a semana en sons e palabras e buscamos a actualidade deportiva con Rubén Rey. As viaxes que non faremos esta Semana Santa son o fío condutor dun novo "venres de conto" coa mestra e escritora Carmen Quinteiro. Como cada venres marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana desde as nosas casas.

02/04/2020 14:34

Más de Uno Pontevedra (02-04-2020)

Neste xoves segue aumentando o número de pacientes curados de coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra: son 32 as altas hospitalarias, un dato que salientamos na primeira parte do programa. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e buscamos a previsión metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos coa presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e completamos o programa falando de educación, creatividade e xestión emocional con Raquel Pedrouso

01/04/2020 14:48

Más de Uno Pontevedra (01-04-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día e coñecendo as preocupacións dos veterinarios do rural traballando en estado de alarma. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, rematamos o programa entre dúas augas con Rena Ortega.