Suso de Toro presenta "Fóra de si" en Cronopios Pontevedra
12/04/2018 06:00
"Hai que vivir coa ética do guerreiro para dar a batalla a diario por ser donos das nosas vidas"
A literatura sempre nos permite falar da vida e iso fixemos con Suso de Toro e a súa nova novela. Reflexionamos sobre a familia, a identidade propia, o traballo de escritor, a liberdade que chega da man do fracaso e a importancia de ser donos da nosa propia vida, como intenta facer Ricardo Marzoa, o neurocirurxán protagonista de "Fóra de si". A conversa déixanos confesións do propio autor que di darse conta de ata qué punto as historias sobre as que escribe sempre son autobiográficas, e recoñece estar descubríndose como home fronte ao poder das mulleres: "os homes estamos quedándonos en coiros e véndonos na nosa fraxilidade fronte ao poder das mulleres". Palabra de Suso de Toro. Escoita aquí a conversa íntegra.