expourense

Con Paco Sarria

05/11/2021 14:18

Especial Más de Uno Ourense con motivo da XXII edición do Salón Xantar en Expourense

Realizamos hoxe dende o recinto feiral de Expourense este especial Más de Uno, con motivo da XXII Edición do Salón da Gastronomía e o Turismo, Xantar. Polos micrófonos de Onda Cero pasaron hosteleiros como Pablo Otero na sección La Receta de tu Vida, con Salgado Congelados, empresarios da equipación hosteleira (Equiphotel), da alimentación como Lois Alarcón así como responsables da organización. Un programa no que en Butaca 0, falamos de cine e gastronomía con Simone Saibene e no que non perdemos de vista a actualidade co pleno ordinario do concello da capital como principal argumento.

Xantar

03/11/2021 13:16

A Xunta salienta o protagonismo de Xantar na gastronomía galega

O Salón internacional de turismo gastronómico dedica a súa 22º edición á promoción da gastronomía no Camiño de Santiago. O vicepresidente primeiro da Xunta salientou que a feira é “o mellor escaparate” para animar aos turistas a visitar Galicia con motivo do Xacobeo.

O salón gastronómico, a entender de Rueda, será un pulo máis na consolidación do turismo en Galicia de cara ao 2022, logo de pechar un verán no que a comunidade autónoma foi líder na recuperación turística e despois dunha Ponte de Todos os Santos na que os establecementos hoteleiros rozaron o cen por cen de ocupación.