PROGRAMA COMPLETO
20/07/2023 14:19
Más de Uno Pontevedra 20/07/2023
Comenzamos o programa prestando atención a renuncia de Manuel Cuiña como alcalde de Silleda: escoitamos as voces protagonistas do último pleno. Facemos unha ruta por algunhas praias con Noa Pichel e Sofia Caamaño. Falamos das últimas novas no sector viticultor das Rías Baixas, meses antes do inicio da vendima. Ademáis, escoitamos as reivindicacións dos vendedores ambulantes ante o cambio de ubicación do mercadillo en Pontevedra. Namentras, en Pontecaldelas, coñecemos a interesante iniciativa social destinada as persoas maiores: 'Contigo na casa'. E aproveitamos os últimos minutos para conversar con colectivos defensores das persoas trans despois de publicar un manifesto en contra dos discursos de discriminación e odio, moi presentes na campaña electoral 23J.