Concello de Ourense
04/11/2021 13:28
Os traballos centraranse nesta fase na reparación do chan de caucho da área de xogos, que sumará mais de 600 novos metros cadrados de chan continuo absorbente a impacto. En conxunto, investiranse 48.356,25 euros.
Estes traballos forman parte das actuacións que leva a cabo a Concellería de Medio Ambiente dentro do plan de mellora dos parques infantís da cidade de Ourense.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, lembra que esta acción “dálle resposta a unha demanda amplamente solicitada pola veciñanza do barrio, e continuamos a traballar para ir avanzando na mellora de máis zonas infantís por toda a cidade e o seu perímetro rural”.