Juan de Sola

PROGRAMA COMPLETO

29/05/2023 14:10

Más de Uno Pontevedra 29/05/2023

Comezamos o programa coa actualidade do día marcada pola despedida de Carmela Silva como presidenta da Deputación de Pontevedra e pola análise dos resultados electorais na provincia. Escoitamos moitas das voces protagonistas na cidade de Pontevedra e nos concellos de Poio, Soutomaior, A Estrada, Meis e Bueu. Ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música na nosa sección semanal "Cántamo... en galego!".

PROGRAMA COMPLETO

26/05/2023 14:12

Más de Uno Pontevedra 26/05/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día marcada polo último día de campaña para as eleccións municipais do 28-M. Como cada venres, convertemos a radio nun conto en compañía de Carmen Quinteiro e marcamos axenda cultural, de ocio e festiva para esta fin de semana.

PROGRAMA COMPLETO

25/05/2023 14:04

Más de Uno Pontevedra 25/05/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e con entrevista electoral desde a Cafetería El Pasaje co candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores. Como cada xoves, comentamos a actualidade coa mirada de Rodrigo Cota e tomamos a última antes de marchar: a farmacéutica Paula Alonso é hoxe a nosa convidada.

PROGRAMA COMPLETO

24/05/2023 14:11

Más de Uno Pontevedra 24/05/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e con entrevista electoral desde a Cafetería El Pasaje co candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez. Abrimos tempo de entrevista con profesoras da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra para coñecer o programa “Observa-acción”. Ademais, completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.