Más de Uno Pontevedra
01/12/2021 14:52
As vidas hipotecadas das persoas coidadoras
Hoxe visítannos Ana Santos, Peque González e Charo Valcárcel para compartir con nós as súas vidas como coidadoras e reivindicar as súas necesidades. Facer do envellecemento un embelecemento persoal é o obxectivo do colectivo de persoas xubiladas "De vella a bella". Súmanse ao noso programa para abrir debate e reflexión sobre a súa realidade vital e as súas necesidades.