Kalandraka

PROGRAMA COMPLETO

25/11/2022 14:09

Más de Uno Pontevedra 25/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade deste 25-N, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, e conversando coa gañadora do II Premio Sesé Mateo, a xornalista Cristina García López. Como cada venres convertemos a radio nun conto con Carmen Quinteiro e o de hoxe é educativo. Ademais, completamos o programa coa axenda cultural que nos leva ata o recinto feiral de Pontevedra para visitar o stand de Kalandraka en Culturgal e saudar a Bibiana Candia e Xosé Cobas: o domingo presentan "Azucre".

Máis de Uno Pontevedra

24/11/2022 14:34

Kalandraka estará en Culturgal con propostas editoriais para todos os públicos

Facemos un percorrido polas obras que atoparemos no stand da editorial Kalandraka durante esta fin de semana en Culturgal. Visítanos a responsable de comunicación, Paz Castro, para marcar axenda de actividades e saudamos a un dos escritores protagonistas: Juan Tallón. O autor de "Rewind" presentará a nova edición da novela en galego o sábado 26 ás 19:00 h no Espazo Libro da Culturgal.

PROGRAMA COMPLETO

24/11/2022 14:23

Más de Uno Pontevedra 24/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando con Paz Castro desde a editorial Kalandraka para coñecer as propostas que a editorial pontevedresa leva a Culturgal. Como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e, ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar co director de cine e escritor Rodrigo Cortés que visita Galicia para presentar o seu libro "Verbolario".

Semana do Libro con Kalandraka

22/04/2022 14:01

Bea Campos le para nós o "Rosa Caramelo"

As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka. Hoxe acompáñanos a actriz e contadora de contos, Bea Campos, para lernos un fragmento do seu libro "Rosa caramelo”.

Semana do Libro con Kalandraka

21/04/2022 13:58

Kiko Da Silva le para nós o "Moncho e a mancha"

As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka. Hoxe acompáñanos o ilustrador Kiko Da Silva para lernos un fragmento do seu libro "Moncho e mancha"

Semana do Libro con Kalandraka

20/04/2022 15:10

Carmen Mata le para nós o conto tradicional "Garavanciño"

Hoxe acompáñanos a bibliotecaria Carmen Mata para lernos un fragmento do conto tradicional "Garavanciño", adaptado pola marinense Olalla González e ilustrado por Marc Taeger. As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka.

Semana do Libro con Kalandraka

18/04/2022 15:16

Semana do Libro con Kalandraka

18/04/2022 15:16

Carmela Silva le para nós "Despois do diario de Ane Frank"

As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka. Hoxe acompáñanos a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, para lernos un fragmento de “Despois do diario de Ane Frank”, de Bas Von Benda-Beckman. Uha novidade editorial de Kalandraka traducida ao galego por Antón Vialle e María Alonso Seisdedos.

Máis de Un Pontevedra

26/11/2021 14:29

Kalandraka leva os seus libros para soñar a Culturgal

Coñecemos a axenda de actividades da editorial Kalandraka para esta fin de semana en Culturgal e falamos das novidades que trae decembro. Libros para todas as idades que nos presenta a responsable de comunicación da editorial pontevedresa, Paz Castro.

Semana do Libro con Kalandraka

23/04/2021 14:43

Celebramos o Día do Libro coa lectura colectiva de “O coelliño branco”

Rematamos a semana coa narración dun conto tradicional portugués adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Óscar Villán: “O coelliño branco”. As voces que escoitamos son as de Sara, Iago e Noelia; ademais participan as súas mamás: Sara e Alicia; a contadora Bea Campos e o propio autor do libro, Xosé Ballesteros. As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka.