La librería

Más de uno ourense

15/05/2024 13:01

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 15 de Maio

Comezamos o repaso ás recomendación semanas de La Librería con “El lado oscuro de la luna”, de Mari Jung Stedt. Onde tra-lo éxito de “Antes de que lleguen las nubes” o inspector Héctor Correa e a profesora sueca Lisa Hagel regresan á Costa do Sol malagueña.

Continuamos con “Atlas de lo invisible”, de James Chesire e Oliver Uberti, con mapas e gráficos que cambiarán a visión que temos do mundo. Un libro dun xeófrafo e dun deseñador que redefinen o que é un atlas con novidosas visualizacións que rematan por descubrir realidades que reflexan o presente e prevén o que chegarán co paso do tempo.

A terceira proposta, as portas da celebración do Día das Letras Galegas é a obra de Ledicia Costas, editada por Xerais, “Pel de Cordeiro”, que narra a vida de duas mulleres unidas durante dous séculos pola forza máxica da bruxeiría.

E por último unha proposta para os máis novos. “El Rulas y la copa legendaria”. Unha personaxe macarra e divertido que quere cumprir o soño de ser futbolista nunha épica aventura.

Más de uno ourense

08/05/2024 13:05

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 08 de Maio

Abrimos repaso ás recomendacións semanas de La Librería con “La Asistenta” de Freida McFadden.

Detrás da porta ela vixía e observa. Un thriller que segundo os lectores non defrauda. Unha historia contada a dúas voces.

A segunda proposta é “Lluvia” (Blackwater) de Michael McDowell. Sexto e derradeiro volumen dunha saga matriarcal. Mulleres poderosas que loitan polo dominio durante xeracións. Un retrato realista con toques sobrenaturais.

En terceiro lugar unha proposta para os máis peques. Leva por título “Malvarina -quero ser bruxa” de Susana Isern e Laura Proietti. Unha historia que sucedeu nun val embruxado, gobernado por 3 meigas malvadas e famosas.

E por último outra proposta infantil titulada “Detective Conan” de Cosho Aoyama. Editado por Planeta Agostini. Parte dunha serie de manga atemporal e ocasionalmente anacrónica, centrada dun personaxe atrapado no corpo dun neno de 6 anos pero con mente de adulto.

Más de uno ourense

24/04/2024 13:04

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 24 de Abril

Israel Barandela visitóunos despóis da celebración do “Día do Libro” e deixóunos varias recomendacións; a fantasía “El Museo” de Owen King, un novo traballo dos antropólogos David Graeber e David Wengrow “El amanecer de todo”, o emotivo “Fabricante de Lágrimas” de Erin Doom e para os máis cativos o libro-cómic Migali “Bienvenidos a la Real Academia”.

Más de uno ourense

10/04/2024 12:59

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 10 de Abril

Difundimos como casa mércores as recomendacións literarias semanais de La Librería coa axuda de Israel Barandela. Nesta ocasión son "El Guardián de Espadas", "El Niño", "El Peón en el Tablero" e "No Hagas Montañas de Granos de Arena".

Más de uno Ourense

03/04/2024 13:01

Más de uno Ourense

03/04/2024 13:01

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 03 de Abril

Coñecemos da man de Israel Barandela as recomendacións literarias da semana que desta volta foron "La Sombra de los Sueños", "El Manipulador","El Valle" e "Los Mortimort".

Más de uno ourense

20/03/2024 13:00

As suxerencias literarias de La Librería CyC

Contamos unha semana máis con Israel Barandela para coñecer as recomendacións literarias da semana de La Librería. Nesta ocasión foron La Matriarca, Todos los Hombres del Rey, La Ciudad y sus Muros e Herederos, el legado de los héroes.

Más de uno ourense

06/03/2024 13:00

As suxerencias literarias semanales con La Librería CyC

Convidamos unha semana máis a Israel Barandela para coñercer as recomendacións literarias de La Librería. Esta semana son La Manos del Tiempo, El Estrecho Sendero entre Deseos, Baumgarner e Investigators (agentes con muchos dientes).