lalin

Onda Cero Pontevedra

23/03/2016 14:20

Pontevedra en la Onda 23-03-2016

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada pre-Semana Santa: cambios en Barcelos, minutos de silenzo polos atentados de Bruxelas e información do tempo para os vindeiros días festivos. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para falar da "gamificación" como ferramenta para mellorar as nosas habilidades sociais. E poñemos banda sonora á recta final do programa coa visita do grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS

Onda Cero Pontevedra

10/02/2016 14:22

Pontevedra en la Onda 10-02-2016

Xornada de festivo local na cidade de Pontevedra con ENCE centrando o debate no Parlamento de Galicia, ata alí nos imos para escoitar a Feijoo, Jorquera e Lores. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Temos cita coa nosa coach, Raquel Pedrouso, para falar esta semana da "empatía". E recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que tiñamos pendente esta semana

Onda Cero Galicia

18/01/2016 10:46

Gente Viajera de Galicia 15-01-2016

Na viaxe deste venres ata cambiamos de continente: o vigués Oscar Bruzón lévanos ata a India, onde leva 4 anos vivindo e traballando como director técnico e asistente de adestradores de fútbol. Coa nosa guía 4x4 volvemos a Galicia para visitar o Faro Vilán en Camariñas, inaugurar o Mes do Cocido en Lalín, e durmir nun dos lugares de paso de La Vuelta Ciclista 2016 pola provincia de Ourense, Ribadavia. Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade do sector no noso noticiario turístico e completamos con propostas de ocio a axenda de fin de semana.

24/12/2015 14:23

Pontevedra en la Onda 24-12-2015

Antes de celebrar a Noiteboa e o Nadal conversamos coa presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sobre a campaña “Por un xogo igualitario e non violento” e co polifacético Pedro Ruiz que o domingo chega ao centro social da Fundación co seu espectáculo "Uno, pequeño y libre". Como cada xoves buscamos calidade pola nosa provincia: recalamos en Vilariño (Cambados) para coñecer o albariño Pepa A Loba. E visítanos unha representación do colexio Sagrado Corazón para poñer música solidaria á recta final do programa

30/11/2015 14:25

Onda Cero Pontevedra

30/11/2015 14:25

Pontevedra en la Onda (30-11-2015)

As novidades en torno ao crime de Ponte Caldelas centran a nosa atención no inicio do programa, ademais do pleno da corporación municipal de Pontevedra celebrado no Teatro Principal. Facemos balance da viaxe do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a Hong Kong. Repasamos a actualidade deportiva da fin de semana con Rubén Rey. E, como cada luns, poñémoslle ritmo ao inicio de semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

26/11/2015 14:20

Pontevedra en la Onda (25-11-2015)

Este mercores 25N facemos un percrorrido polas diferentes actividades e iniciativas do Día Internacional contra a Violencia Machista. Entre as voces do día, atopamos a concelleira da Muller de Pontevedra, Carmen Fouces. Nesta liña, coñecemos outras campañas de ONGD’s de cooperación na loita contra a violencia de xénero. Nesta xornada regresamos a Hong Kong para dar conta das últimas novas da delegación pontevedresa desprazada ata a cidade China, con motivo da entrega dun premio internacional as políticas de mobilidade de Pontevedra. E, tamen, compartimos a iniciativa emprendedora dos amigos www.lazosfuneralesciviles.org