Entre micros e libros
27/05/2019 06:00
Ledicia Costas: "Quería escribir unha historia sobre a infancia desde o punto de vista adulto porque é a nosa patria"
Convidamos a Cronopios a unha das mellores e máis queridas escritoras galegas actuais, a viguesa Ledicia Costas coa súa nova novela "Infamia". Un libro duro porque recolle moitas das violencias reais que se dan na sociedade e que son imposibles de dixerir: hai vintecinco anos nun lugar chamado Merlo desapareceron as irmás Giraud con só 14 e 6 anos, iso cambiou a vida de moita xente para sempre e a néboa instalouse no ambiente. Alí chega Emma Cruz, unha avogada e profesora de dereito penal que tamén arrastra un trauma desde hai exactamente o mesmo tempo. Confesounos Ledicia que este libro remata onde comeza a historia que ela realmente quería escribir, polo que estamos ante unha precuela que traerá nova novela nos vindeiros meses. Escoita neste podcast a entrevista con Susana Pedreia libre de spoilers.