Entrevista á conselleira de Vivenda na Brújula de Galicia de Onda Cero
02/02/2022 21:07
A conselleira de Vivenda denuncia na Brújula de Galicia de Onda Cero que a Sareb, cuxa xestión é supervisada por varios Ministerios, está a desafiuzar «familias e bloques enteiros». Acusa ao Goberno central de permitir esta actuación ao tempo que aproba un anteproxecto de Lei de Vivenda, do que presume que protexe dos desafiuzamentos. A Xunta pide a convocatoria urxente da sectorial para abordar a nova Lei de Vivenda, que será recurrida polo Executivo autonómico. Son declaracións de Ánxeles Vázquez tras participar na reunión entre Ministerio e autonomías para falar, entre outros do bono alugueiro para xóvenes. Reitera que só chegará ao 1'4 por cento dos mozos e que fará subir os prezos.
Noutra orde cousas, a conselleira explicou que están a facer un seguemento da evolución dos encoros da conca do Miño-Sil, agora baixos pola falta de chuvia. Se detectan un incrimento de obrigas, dí, ampliaránse as sancións xa anunciadas.