Librería Cronopios

PROGRAMA COMPLETO

21/05/2024 14:09

Más de Uno Pontevedra 21/05/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e buscando a previsión do tempo. Abrimos tempo de entrevista coa Uned para coñecer a oferta de cursos de verán 2024. Ademais, como cada martes, completamos o programa coas mellores recomendacións Cronopios en compañía de Mercedes Corbillón.

PROGRAMA COMPLETO

19/03/2024 14:07

Más de Uno Pontevedra 19/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando sobre coidados e axuda a domicilio con Marta Blanco de Galáurea. Buscamos a información do tempo e abrimos tempo de entrevista en clave política e municipal co portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións lectoras desde a Librería Cronopios en compañía de Mercedes Corbillón.

Entre micros e libros

28/03/2023 14:42

Ismael Ramos: "Interésame moito o que nos impón o desexo, a tensión entre o que debemos querer e o que realmente queremos"

A nosa radio lectora volve a Cronopios para recibir a Ismael Ramos co seu primeiro libro de narrativa: "A parte fácil". Conversamos sobre a vida das personaxes secundarias que centran os seus relatos, sobre as culpas que conforman a nosa identidade, sobre o paso do tempo e ese futuro que neste libro case desaparece e toma a forma dunha parede. Ademais, Ismael cóntanos que nos vindeiros meses sairá a tradución do seu libro ao castelán e ao catalán, unha boa nova que celebramos desde a Librería Cronopios mentres nos despedimos soñando con ser lontras que se deixan levar pola corrente e nadan lixeiras río abaixo.

PROGRAMA COMPLETO

17/01/2023 14:28

Más de Uno Pontevedra 17/01/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e coñecendo as propostas que os concellos de Pontevedra e Poio levan a Fitur. Como cada martes volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe a nosa convidada é a adestradora do Arxil, Maite Méndez, que este venres recolle o Premio Cidade de Pontevedra na categoría individual. Ademais, completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

Entre micros y libros

07/12/2022 17:02

Susana Fortes: “La infancia es un territorio lleno de miedos”

La escritora pontevedresa Susana Fortes vuelve a su ciudad y a Cronopios para presentar su última novela: “Nada que perder”. Hablamos de los lugares en los que uno nace y de la familia que nos marca, de los fantasmas del pasado y de la necesidad de buscar respuestas, de la verdad, de los silencios y de la culpa; pero, sobre todo, hablamos de la memoria y de la infancia como un lugar que siempre nos acompaña.

PROGRAMA COMPLETO

21/09/2022 09:26

Más de Uno Pontevedra 20/09/2022

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando co presidente do comité de fábrica de Ence, Manuel Rivas. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe a nosa convidada é a nova vicerreitora do Campus Universitario de Pontevedra, Eva Lantarón. Ademais, recibimos a visita do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, para presentarnos o proxecto "Pontevedra Flúe". Completamos o programa ampliando as nosas bibliotecas particulares en compañía de Mercedes Corbillón con novas recomendacións desde a Librería Cronopios.

Entre micros y libros

25/06/2019 06:00

Diana López: "La exaltación de la maternidad aparece en el contexto de crisis económica para atarte la pata al hogar"

Cerramos la séptima temporada de radio lectora en Cronopios con un libro que habla de la libertad, del derecho a tener claro quien soy "yo" sin hijos y sin pareja, del derecho a definirnos al margen de los otros. Diana López Varela reflexiona en "Maternofobia" sobre la realidad social y económica que se vive en España y sobre cómo esa realidad influye en nuestras vidas personales. La maternidad, el aborto, la presión social, el sistema sanitario y sus pruebas, la conciliación laboral... de todo ello habla la autora en esta entrevista con Susana Pedreira.

Entre micros y libros

25/06/2019 06:00

Diana López: "La exaltación de la maternidad aparece en el contexto de crisis económica para atarte la pata al hogar"

Cerramos la séptima temporada de radio lectora en Cronopios con un libro que habla de la libertad, del derecho a tener claro quien soy "yo" sin hijos y sin pareja, del derecho a definirnos al margen de los otros. Diana López Varela reflexiona en "Maternofobia" sobre la realidad social y económica que se vive en España y sobre cómo esa realidad influye en nuestras vidas personales. La maternidad, el aborto, la presión social, el sistema sanitario y sus pruebas, la conciliación laboral... de todo ello habla la autora en esta entrevista con Susana Pedreira.