Luis Bará

PROGRAMA COMPLETO

22/02/2024 14:15

Más de Uno Pontevedra 22/02/2024

Abrimos o programa coas novas do día e conversando co deputado electo do BNG pola provincia de Pontevedra, Luis Bará. Ademais, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota para comentar a actualidade e completamos o programa tomando a última antes de marchar: Javi Maneiro é hoxe o noso convidado.

PROGRAMA COMPLETO

12/04/2023 14:33

Más de Uno Pontevedra 12/04/2023

Pendentes do novo intento por desconvocar a folga dos traballadores do consorcio provincial de bombeiros en Pontevedra. Hoxe, na Deputación, os profesionais manteñen unha reunión. Á marxe deste conflito prestamos atención á decisión do Parlamento de Galicia, dos tres grupos políticos (PP, BNG y PSdeG), de solicitar a transferencia da AP-9. Falamos deste tema co portavoz dos nacionalistas en infraestruturas, Luís Bará. Ademais, analizamos o rexurdir do tráfico e consumo de heroína coa FGCN. Repasamos as cifras de peregrinos no Camiño Portugués a Santiago en Semana Santa. E, ao peche, lembramos a ampliación das visitas á Illa de Tambo. O concelleiro de Poio, Greogrio Agís, fai de guía por este espazo natural.

Onda Cero Pontevedra

03/03/2020 14:37

Más de Uno Pontevedra (03-03-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada de martes marcada pola moción de censura en Catoira. No tempo da entrevista conversamos con Susana Oeo, tesoureira e unha das fundadoras da "Asociación Española CJD Enfermedades Priónicas". Tamén nos visita Ana Santos desde o IES Valle Inclán acompañada de alumnas e Ana del Valle, membro da asociación “Ticket2Europe” de Pontevedra. Completamos o programa coas novas recomendacións lectoras de Mercedes Corbillón desde Cronopios

15/10/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (15-10-2018)

Comezamos a semana analizando a actualidade e facendo memoria: cada luns coñecemos os proxectos e actividades do programa municipal "A Memoria das Mulleres", hoxe visítanos o concelleiro Luís Bará. Ademais, abrimos o espazo de motor semanal e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"