Manuel Baltar

Visita de Martín Berasategui

15/02/2022 09:44

Encontro da hostelería co prestixioso chef Martín Berasategui

Martín Berasategui insistiu na importancia da cooperación como a gran baza do sector para posicionar a Ourense como destino enogastronómico e destacou a calidade dos produtos de Ourense: “Esta é a cociña de verdade”.

Portal de Transparencia

15/02/2022 09:31

A Deputación reforza o seu liderado como goberno aberto á cidadanía

Na presentación da plataforma, Manuel Baltar explicou que este proxecto é “un exemplo de autoesixencia e de compromiso coa cidadanía co obxectivo fundamental compartir a máxima información e que sintan orgullo de seu por contar cun goberno como este”

Desde o sitio web https://transparencia.depourense.gal/, o cidadán ten acceso a un maior volume de datos organizados en seis bloques: Transparencia institucional; Planificación; Servizos á cidadanía; Transparencia económica; Contratos, convenios e subvencións; e Apoio aos Concellos

Con Paco Sarria

15/02/2022 08:33

Más de Uno Ourense 08:20 15/02/2022

As novas deste Martes 15 de Febreiro, con Jesús Alvarez, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.

Con Jesús Alvarez

14/02/2022 14:05

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 14/02/2022

No informativo de Más de Uno Ourense abordamos as reaccións do “fugaz e bronco” pleno celebrado en Ourense o pasado Venres que tivo que ser suspendido trala expulsión do edil nacionalista Luis Seara.

Cultura

14/02/2022 12:22

O apoio da Deputación de Ourense posibilita a reapertura do Museo Etnográfico Olimpio Liste

Manuel Baltar valorou en Oseira a xenerosidade da familia Liste Fernández e remarca o compromiso da institución que preside con “esta marabillosa iniciativa, que ten moito que ver coa nosa alma de pobo e coa nosa identidade”. O presidente provincial destaca a importancia desta reapertura: “É unha homenaxe non so aos creadores desta xoia, senón a todos aqueles que se senten enraizados co noso e coa nosa terra”

Araceli Mercedes Liste Fernández, filla dos impulsores deste espazo, agradeceu á Deputación de Ourense e ao Concello de San Cristovo de Cea a súa “determinación para outorgar unha nova vida ao museo".

Cultura

14/02/2022 09:47

A Deputación colaborará na rodaxe de “13 exorcismos”, unha nova produción audiovisual que terá a Ourense como escenario

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao produtor e guionista da longametraxe, Ramón Campos. O presidente provincial expresou a súa satisfacción pola elección de Ourense -“unha aposta segura para o sector audiovisual”- e lembra que este xa é o segundo filme que anuncia a súa rodaxe íntegra na provincia para 2022: “Nunha década fomos quen de atraer tantas rodaxes como nos trinta anos anteriores. Imos polo bo camiño”

Ramón Campos agradeceu a receptividade do presidente provincial a un traballo que ten en Ourense “o escenario perfecto, que nos vai axudar a darlle veracidade á historia que queremos contar”. A película narra o último caso de exorcismo documentado en España a través da historia dunha adolescente.

Cine

14/02/2022 08:41

O cinema ourensán triunfa nos premios Goya

O cinema ourensán continúa acadando éxitos. Os premios Goya, celebrados onte en Valencia, premiaron a “Valentina”, rodada co apoio da Deputación de Ourense, e ao actor ourensán Chechu Salgado polo seu papel no filme “Las leyes de la frontera”.

“Valentina” foi premiada como o mellor filme de animación. Esta longametraxe de Chelo Loureiro rodouse co apoio do goberno presidido por Manuel Baltar dentro da aposta da Deputación de Ourense polo sector audiovisual, unha estratexia concretada na transformación da provincia nun gran estudo para acoller todo tipo de rodaxes.

Cultura

11/02/2022 08:03

Cultura

11/02/2022 08:03

O cinema rodado na provincia de Ourense lidera as nominacións aos Mestre Mateo

“Cuñados” (16 nominacións, o récord desta vixésima edición), “Malencolía” (11) e “Eles transportan a morte” (6) suman 33 candidaturas aos premios da Academia Galega do Audiovisual. Os tres filmes contaron co apoio da Deputación de Ourense e teñen á provincia coma un dos seus protagonistas, con localizacións na cidade, O Ribeiro, O Carballiño ou A Baixa Limia.

Con Jesús Alvarez

10/02/2022 08:33

Más de Uno Ourense 08:20 10/02/2022

As novas deste Xoves 10 de Febreiro, con Jesús Alvarez, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.

Ourense Provincia

10/02/2022 08:17

Manuel Baltar presenta la estrategia provincial de fondos UE a la comisaria de demografía

El presidente de la Diputación destaca la recepción que ha tenido el plan ourensano para los NextGeneration y el marco financiero plurianual: “Va en la línea de lo que quiere la Unión Europea. Bruselas sabe que Ourense tiene una administración provincial eficiente y que lidera redes de trabajo a nivel internacional. Este trabajo está dando frutos, y más que dará en el futuro”

El presidente ourensano valora la importancia de esta conexión directa con la capital comunitaria: “Es vital esta comunicación. Sabemos quién propone, quién proyecta, quien dispone… y Bruselas sabe que en Ourense estamos haciendo bien las cosas, con aspectos clave como la deuda cero o la planificación que nos proporcionan los planes de mandato”