Manuel Baltar

Cultura

11/01/2022 07:55

Luar Na Lubre presentará en Ourense, o seu último traballo “Vieiras e vieiros, historias de peregrinos”

O grupo protagonizará un dobre concerto os días 14 e 15 de xaneiro, no Teatro Principal, no que amosará ao público este disco que recolle historias e lendas dos peregrinos na ruta xacobea por terras galegas.

Manuel Baltar destacou que estes concertos celebraranse grazas a esa “andaina de colaboración que levamos a manter desde hai tempo e que xa fixera posible que un dos seus traballos homenaxeara á Ribeira Sacra cun disco que foi ideado e gravado na nosa provincia”

Infraestructuras

07/01/2022 08:44

A Deputación desenvolve un proxecto de seguridade viaria nas estradas provinciais

O plan afectará a preto de 500 quilómetros de oito vías nas que se rexistra un maior número de sinistros e se executará mediante a aplicación de substancias repelentes e sistemas disuasorios por ultrasóns.

O presidente provincial, Manuel Baltar, explicou que o proxecto xurdiu dun estudo sobre a sinistralidade nas estradas provinciais como consecuencia do atropelo de animais salvaxes, que se suma, engadiu, “aos programas de sinalización que vimos desenvolvendo nos tramos máis perigosos para garantir a seguridade viaria”

Tecnoloxía

04/01/2022 12:52

A Deputación participa nun plan de identificación transfronteirizo

A iniciativa, que se enmarca no programa “Conectar Europa”, suporá “un paso máis nesa vocación que temos pola tecnoloxía e a innovación, estendendo agora este proceso aos residentes nos países da nosa contorna”, destacou o presidente provincial Manuel Baltar

Cultura

03/01/2022 10:03

Bolsas no exterior para escritores ourensáns

Deputación e Residencia Literaria 1863 ofrecerán cinco bolsas no exterior para promover a creación literaria e o perfil internacional dos escritores ourensáns.

Cooperación

16/12/2021 09:16

La Diputación de Ourense contribuirá a “imprimir alta velocidad” a los territorios del Eixo Atlántico

El presidente provincial ejerció como anfitrión del comité ejecutivo del lobby de cooperación transfronteiriza máis importante entre España e Portugal, que además de diseñar su agenda de trabajo para 2022 acordó trasladar a los gobiernos español y portugués sus reivindicaciones en infraestructuras ferroviarias y la gestión de los fondos de recuperación y resiliencia.

El presidente del Eixo Atlántico, Ricardo Rio, puso en valor del trabajo realizado por la Diputación de Ourense desde su incorporación a la organización como “uno de los miembros más activos y fundamental para el éxito de un proyecto que en 2022 cumplirá 30 años” .

Termalismo

15/12/2021 09:55

A Deputación porá en marcha a estratexia “Alta velocidade termal”

Este sector será o primeiro en contar cunha estratexia singular “orientada ao aproveitamento das vantaxes que ofrecerá a alta velocidade ferroviaria, axudando así a optimizar a competitividade dos nosos balnearios”, anunciou hoxe o presidente da Deputación, Manuel Baltar, trala reunión que mantivo cos representantes dos establecementos da provincia.

O novo modelo xa estará incluído no programa de Termalismo Social 2022 e contempla ademais un acordo con Renfe para adaptar as estancias termais de fin de semana, a loxística necesaria para facilitar o desprazamento dos viaxeiros do AVE ata os centros e unha campaña de promoción do termalismo provincial nos trens.

Economía

15/12/2021 09:21

Economía

15/12/2021 09:21

“Os resultados do programa ExportOU 360º xustifican a necesidade de ampliar esta plataforma a outros sectores”

O presidente provincial comprometeuse a dar continuidade a un programa que xera riqueza e emprego no territorio, “como así o demostra a audacia desta iniciativa, que permitiu contactar con preto de 500 empresas de Reino Unido e Irlanda e máis de 200 importadores que tiveron a oportunidade de coñecer as adegas a través da plataforma virtual.

Con Jesús Alvarez

14/12/2021 08:35

Más de Uno Ourense 08:20 14/12/2021

As novas deste Martes 14 de Decembro, con Jesús Alvarez, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.