Manuel Baltar

Turismo

10/11/2021 08:11

Participación no IV Fórum do Camiño de Santiago

A Deputación presenta no IV Fórum do Camiño de Santiago o seu proxecto para dar resposta ao “turismo tecnolóxico e personalizado” .

Ourense estivo representada por primeira vez neste foro a través Inorde, que promocionou entre os operadores especializados do sector os dous itinerarios xacobeos oficiais da provincia: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno.

Fernando Suárez, detallou na Fairway as trece iniciativas que se están a desenvolver a institución provincial no marco do plan de Destinos Turísticos Intelixentes

Con Paco Sarria

09/11/2021 08:36

Más de Uno Ourense 08:20 09/11/2021

Te resumimos las noticias el día con Paco Sarria, junto a la información del tiempo, el tráfico y los titulares de prensa del día.

Cultura

05/11/2021 09:15

Premio da Cultura Galega a San Pedro de Rocas

O presidente provincial valorou esta distinción como un recoñecemento máis a “un dos lugares senlleiros da provincia de Ourense, onde non só destaca a riqueza patrimonial deste enclave máxico, senón tamén a súa compoñente emocional, social e histórica”, como o mosteiro máis antigo de Galicia e o monumento máis visitado da Ribeira Sacra

Manuel Baltar tamén felicitou a Antón Pulido, Premio da Cultura Galega 2021 no campo das artes plásticas, como “un dos mellores expoñentes desta arte que hoxe posúe Galicia”

Cultura

28/10/2021 09:27

Cultura

28/10/2021 09:27

Entrega da Medalla de Ouro do Liceo a Manuel Baltar

Baltar declarouse “liceísta” e defensor dun “espazo plural e democrático, un lugar de concordia e diálogo permanentes, algo que nos honra a todos, pensemos como pensemos”, agradecendo á directiva a “entrega, altruísmo e traballo constante e teimudo que resulta eficaz, non só cultural e socialmente, para o desenvolvemento dunha cidade e dunha provincia coma a nosa”

Xavier Casares puxo en valor o entendemento en torno “a un obxectivo común” como é a conservación dun inmoble singular de Ourense, desde “o convencemento de que non hai patrimonio de ninguén” e si unha tarefa “da que podemos participar todos”

Cultura

27/10/2021 08:13

A Deputación recupera o Festival Medieval do castelo do Bolo

O evento alcanza a súa cuarta edición mesturando a historia e a lenda da raíña Dona Urraca que a tradición popular sitúa no Concello do Bolo, así como coa modernidade ao ser retransmitido por internet e ofrecer ao público a oportunidade de visitar, tamén a través da rede, a exposición de gaitas ibéricas que acolle o castelo.