Más de Uno Lalin

Onda Cero Pontevedra

10/02/2020 14:30

Mas de Uno Pontevedra (10-02-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns e conversando con Goyo Revenga trala súa suspensión cautelar de militancia desde Ciudadanos. Activamos a conta atrás para o Entroido 2020 visitando Cuntis co seu alcalde, Manuel Campos. Como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

07/02/2020 15:18

Más de Uno Pontevedra (07-02-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día marcada polo pleno extraordinario de orzamentos en Pontevedra. Ademais, tamén repasamos as noticias desta primeira semana do mes de febreiro. Como cada venres, visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.

Almorzo Rías Bajas

06/02/2020 14:48

María Ramallo: "Imos ter proxecto para un novo auditorio en Marín este ano"

A alcaldesa de Marín cumpre no mes de maio 25 anos na política local e con ela estreamos unha nova temporada de almorzos informativos desde o Hotel Rías Bajas de Pontevedra. Repasamos con María Ramallo os obxectivos que se marca para este 2020 e os retos a conquerir durante o seu terceiro mandato como alcaldesa. Por exemplo, o proxecto para un novo auditorio estará listo este ano, unha infraestrutura cultural moi demandada en Marín. Ademais, Ramallo sinala como prioridade a reforma da Avenida de Ourense unha vez rematadas as obras do novo colector. Durante a conversa, a alcaldesa tamén nos adiantou os seus plans para mellorar ao longo do mandato o problema de aparcamento na vila coa construción dun parking subterráneo e a aprobación dunha ordenanza que regule o aparcamento en superficie. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.

06/02/2020 14:24

Más de Uno Pontevedra (06-02-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e conversando con Lucía Lourido, escritora e veciña de Poio que denuncia o roubo do seu portátil con meses de traballo perdido. Convidamos á alcaldesa de Marín, María Ramallo, a unha nova temporada de almorzos informativos desde o Hotel Rías Bajas. Ademais, completamos o programa coñecendo as bases do I Premio Literario Pinto e Maragota coa concelleira de Igualdade de Pontevedra, Paloma Castro, e o director de Xerais, Fran Alonso.

05/02/2020 15:37

Más de Uno Pontevedra (05-02-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día marcada e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Buscamos a predicción metereolóxica e, como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Álvaro Carou, concelleiro de Turismo e Novas Tecnoloxías en Vilagarcía de Arousa, é hoxe o convidado. Completamos o programa coa visita de Rena Ortega para rematar entre dúas augas.