Más de uno ourense
10/12/2024 13:39
Natalia González: "Jácome mírase no seu propio espello cando di que os xornalistas manipulan"
A voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González, declarou en Más de Uno Ourense de Onda Cero que a decisión de Jácome de non convocar conferencias de prensa cos medios de comunicación atenta contra un dereito fundamental dos cidadáns e que cando o Alcalde toma esa decisión considerando que os xornalistas manipulan "está mirándose no seu propio espello".