mas de uno pontevedra

PROGRAMA COMPLETO

30/12/2024 14:08

Más de Uno Pontevedra 30/12/2024

Comezamos a semana coa actualidade deste último luns do ano e visitando Sanxenxo para coñecer o ambiente que se vive nun hotel de referencia como é o Carlos I Silgar. Como cada luns, recibimos á nosa sumiller Susana Barros coas súas historias do viño e, ademais, falamos de motor e de música nunha nova edición de "Cántamo... en galego". Completamos o programa anotando as mellores recomendacións literarias en Cronopios.

PROGRAMA COMPLETO

27/12/2024 14:07

Más de Uno Pontevedra 27/12/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de venres marcada pola posta en servizo do primeiro tramo da autovía A-57. Conversamos co portavoz municipal do PSdG no Concello de Poio, Gregorio Agís, e buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas. Como cada venres, recibimos a visita de Carmen Quinteiro e marcamos unha axenda cultural e de ocio para a última fin de semana do ano que temos por diante.

Última e marchamos

26/12/2024 15:12

Última e marchamos

26/12/2024 15:12

Un Nadal con libros para soñar editados por Kalandraka

Tomamos a última deste xoves coa editorial pontevedresa Kalandraka para que os seu libros non falten entre os desexos de Nadal. Acompáñannos a directora editorial, Manuela Rodríguez, e a responsable de comunicación, Paz Castro.

PROGRAMA COMPLETO

26/12/2024 14:37

Más de Uno Pontevedra 26/12/2024

Abrimos o programa coa actualidade deste xoves entre festivos de Nadal e conversando coa xerente de Emgrobes, María Gómez. Recibimos a visita de Rodrigo Cota para comentar a actualidade e do director de Novos Cinemas, Suso Novás, para estar “Xuntos con Vepersa”. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar: a directora editorial de Kalandraka, Manuela Rodríguez, e a responsable de comunicación, Paz Castro, son hoxe as nosas convidadas.