Baltar declarouse “liceísta” e defensor dun “espazo plural e democrático, un lugar de concordia e diálogo permanentes, algo que nos honra a todos, pensemos como pensemos”, agradecendo á directiva a “entrega, altruísmo e traballo constante e teimudo que resulta eficaz, non só cultural e socialmente, para o desenvolvemento dunha cidade e dunha provincia coma a nosa”
Xavier Casares puxo en valor o entendemento en torno “a un obxectivo común” como é a conservación dun inmoble singular de Ourense, desde “o convencemento de que non hai patrimonio de ninguén” e si unha tarefa “da que podemos participar todos”