Meis

PROGRAMA COMPLETO

27/07/2023 14:08

Más de Uno Pontevedra 27/07/2023

Botamos una ollada a actualidade do día en Pontevedra e comarca. Saimos a rúa para coñecer diversas opinións sobre a existencia ou non de fenómenos paranormais. Abrimos conversa con Marta Giráldez, alcaldesa de Meis, sobre a escasez de auga no concello. Escoitamos a denuncia do sindicato Satse relacionada co incremento das agresións do persoal sanitario nos centros de saude e servizos de urxencias hospitalarias. Revisamos os detalles da Festa do Carneiro o Espeto en Moraña. E reflexionamos con Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra, con respecto a presión turística sobre un entorno natural como o parque nacional das Illas Atlánticas.

Almorzo Hotel Rías Bajas

07/03/2023 14:12

Almorzo Hotel Rías Bajas

07/03/2023 14:12

Marta Giráldez: "En Meis nunca tanto se investiu en servizos sociais como neste mandato"

Convidamos ao almorzo informativo desta semana á alcaldesa de Meis e presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez. O 28 de maio volverá ser candidata á alcaldía encabezando a lista do PSdG-PSOE. Facemos balance deste mandato e marcamos prioiridades de futuro para Meis.

PROGRAMA COMPLETO

07/03/2023 14:05

Más de Uno Pontevedra 07/03/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e buscando a previsión do tempo para as vindeiras horas. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe a nosa convidado é a alcaldesa de Meis e presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez. Ademais, completamos o programa desde a Librería Cronopios de Pontevedra coa escritora Arantza Portabales para presentar a súa nova novela: "O home que matou a Antía Morgade".