Medio Rural
14/04/2023 08:36
Comezan os traballos para executar o vertido na mina de San Finx
Esta semana a filial da empresa australiana Pivotal Metals comezou os traballos de construción dunha planta de tratamento de achiques de mina na súa explotación de San Finx, en Lousame, como paso previo ao inicio do baleirado de centos de miles de metros cúbicos de augas contaminadas.