Cita a cegas no Museo
10/04/2023 14:39
Nuria Romero: "O Museo é o espazo perfecto para traballar a socialización e o tempo de ocio que perden os pacientes de psiquiatría"
Visitamos o Museo de Pontevedra cos nosos micros para coñecer os seus fondos, espazos e as diferentes exposicións que ofrece. Os nosos guías son persoas que manteñen unha relación especial co Museo e hoxe citámonos con Nuria Romero, terapeuta ocupacional na área de psiquiatría do Hospital de Día de Pontevedra.