música en galego

Ses presentounos o seu últimos disco nun encontro con público

13/02/2017 06:00

"A actitude individual pode levarnos a frear a extinción"

Nunca tivo ansias de liderado pero o mellor premio como artista recoñece que é saber que axuda a sufrir menos a quen a escoita. María Xosé Silvar ten novo disco e aceptou a invitación de Onda Cero Pontevedra para visitar a cidade e protagonizar un novo encontro dentro do noso proxecto "Cántamo... en galego!". Desde o salón de actos da Escola Oficial de Idiomas cheo de público falamos con SES da música e da vida que, no seu caso, van sempre da man. Confesounos que os libros lle salvaron a vida cando era adolescente e que se sinte ridiculamente intensa para os tempos que corren. Non renuncia a deixar "semente de vencer" coa súa música e a súa actitude que, catro discos despois, segue a ser a dunha artista que decidiu ter como prioridade aprender a quererse a si mesma e non caer na tentación de "subirse ao carro". Antes do verán vai reeditar o seu primeiro disco, "Admirando a condición", e nós intentamos convencela para que venza o seu pudor e publique un libro de poemas. Aquí podes escoitar a entrevista íntegra.