Música en Galicia

Cántamo... en galego!

10/02/2020 14:45

Xabier Diaz, MJ Pérez e Os Resentidos entre as novidades musicais da semana

Comezamos a semana buscando ritmo coas mellores novidades musicais en galego. Este luns escoitamos o adianto dos novos traballos de Xabier Diaz, MJ Pérez e Os Resentidos. Ademais, os mozos de Monoulious DOP estrean novo videoclip a poucos días do seu concerto na Sala Capitol presentando o seu último disco. Neste podcast podes volver escoitar a sección musical dos luns con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra.

Normalización Lingüística - Concello Pontevedra

25/11/2019 14:22

Cántamo en Galego (25-11-2019)

Escoita aquí a sección desta semana

Os encontros do "Cántamo... en galego!

18/11/2019 14:48

Guadi Galego: "Na memoria radica todo, quen nega os seus afectos e as súas raíces estase negando a unha mesma"

O IES Valle Inclán de Pontevedra foi o escenario dun novo encontro de "Cántamo... en galego" con Guadi Galego como convidada para presentar o seu último disco: "Immersión". Un traballo no que Guadi volve sobre as súas cancións dos últimos cinco anos para crealas de novo coa colaboración de Iván Ferreiro, Andrés Suarez, Vega ou Xabier Díaz. Entre cancións e preguntas coñecemos a unha muller que recoñece ter cambiado moito nos vinte anos que leva na música, dúas décadas nas que sente que se foi empoderando, aceptándose a ela mesma e asumindo as equivocacións como necesarias para seguir construíndo. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira