Presidente do Comité de Empresa de ElectroRayma
19/10/2021 14:48
Roberto Montero: "Vivimos un lastre que nos leva a pechar e a perder 150 postos de traballo"
Os traballadores de ElectroRayma manifestaronse diante da Delegación do Goberno en Galicia. Conseguiron falar co Delegado e a Subdelegada, que lles manifestaron que van a instar as partes en conflicto, Navantia e ElectroRayma a sentarse. Roberto Montero, presidente do Comité de Empresa, atendeu a Onda Cero, amosando a sua preocupación por un conflicto xudicializado, dado que Navantia non paga traballos que recoñeceu ter realizados ElectroRayma. E isto está a provocar que estén en perigo 150 postos de traballo da filial. Agora irán a manifestarse á Xunta para tentar implicar a IGAPE, de cara a dar algún crédito que de oxíxeno a ElectroRayma, pendentes da resolución xudicial polos 4.7 millóns de euros reclamados por ElectroRayma.