oleaje

Os refachos poden alcanzar os 100 km/h

21/01/2021 10:49

Alerta laranxa por temporal de vento en toda Galicia

Esperase un fenómeno adverso de nivel laranxa por vento do suroeste de forza 8 e mar combinada do oestesuroeste con ondas entre 5-7 metros no litoral noroeste, suroeste e oeste da Coruña, en Lugo e nas Rías Baixas e zona do Miño na provincia de Pontevedra. Tamén activase a alerta laranxa por vento polo que poderán acadarse refachos de ata 100 km/h no noroeste, oeste e suroeste da Coruña, na montaña e na Mariña lucense e na montaña de Ourense. No interior da Coruña, centro e sur de Lugo, noroeste e sur de Ourense e no interior da provincia de Pontevedra agardanse refachos de ata 90 km/h.